Publícanse as bases para solicitar as axudas municipais para asociacións culturais, deportivas e sociais de Tomiño
Hoxe, 24 de marzo de 2014, publicáronse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases para solicitar as subvencións municipais destinadas a asociacións de carácter cultural, deportivo e social de Tomiño.
O prazo de presentación será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no BOP.
A presente convocatoria ten por finalidade apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades de carácter social, cultural e deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria específica de subvencións, que desenvolven actividades para promover o benestar social dos cidadáns do Concello de Tomiño a través de accións ou actividades.
No caso das axudas destinadas a asociacións de caracter cultural, terán que desenvolver proxectos ou actividades culturais, que en xeral contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio, e en especial á promoción ou recuperación da cultura e tradicións locais e que se realicen durante o ano 2014.
Por último, no referido ao ámbito do deporte, as subvencións destinaranse en exclusiva a cubrir os gastos directamente relacionados ca actividade deportiva do ano 2014.
As subvencións poderán ser solicitadas para financiar actividades definidas
como prioritarias no marco de actuación das áreas antes mencionadas.
O Concello de Tomiño adica un total de 100.000 euros a estas subvencións no Orzamento 2014.











