Previa do Santiago Futsal á XXV Copa de España
Esta mañá compareceron en rolda de prensa o adestrador Santi Valladares e o tres capitáns do Santiago Futsal David, Loito e Barroso, antes da disputa da XXV Copa de España, na que será a undécima participación dos santiagueses, todas desde o seu ascenso a Primeira División, na competición por excelencia do fútbol sala.
Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal, comezou analizando ao seu rival de cuartos de final, o Montesinos Jumilla, afirmando que “é posible que vexamos un partido de intensidade similar ao que xogamos hai un mes no Multiusos. Hai que ter en conta que cando viñeron aquí tiñan 3 baixas como a de Pichí, Christian e Pizarro, xogadores moi importantes para eles. Pero o que está claro é que ten un equipo moi completo e competitivo e nós temos que saír coa intensidade que temos que saír, independentemente da quen teñamos diante”.
Con respecto a ser a primeira Copa do seu rival, o técnico santiagués considera que “é un equipo novato na categoría, pero con xogadores de moito peso que saben perfectamente de que vai isto. O único no que podemos ter certa vantaxe é na experiencia neste tipo de torneos, pero unha vez que o árbitro pite, pode pasar calquera cousa”.
Ademais, engadiu que “nós temos un equipo novo pero moitos xa xogaron unas cantas Copas, algúns mesmo gañaron algunha. Poida que iso sexa unha vantaxe para nós, pero haberá que ver como afronta Jumilla este tipo de torneos, porque se cadra non teñen esa presión. Nunca se sabe, nunha Copa pode pasar calquera cousa e nós temos que saír a facer o que sabemos facer desde o principio”.
Analizando o aspecto condicional, Santi Valladares cre que “o equipo chega ben a este torneo. Ademais, este equipo ten un aspecto motivacional extra, que no caso de que o físico falle, compénsase coa ilusión e ganas que eles teñen”.
Para terminar, Santi Valladares asegurou que “nós imos coa idea de gañar a Copa e sabemos que si facemos as cousas ben e estamos concentrados, podemos leala. É complicado porque están tres dos mellores equipos do mundo, pero a un partido pode pasar de todo”.
Pola súa banda, o capitán do primeiro equipo, David analizou tamén ao seu rival de cuartos, Montesinos Jumilla, afirmando que “é un equipo atrevido cun bloque que o dá todo. Van xogar con moito descaro e é un equipo fisicamente bastante completo. Creo que nós temos que centrarnos no noso e saír desde o primeiro segundo a competir e non esperar a que se nos poña costa arriba, como nos está pasando en Liga, para reaccionar”.
Loito, segundo capitán, analizou os resultados do equipo fóra de casa, sinalando que “a Copa é diferente, é motivante para todos e esperamos poder facer un bo papel alí. Sabemos que temos que saír súper concentrados e a nivel persoal, espero manter a liña que levo até agora”. Ademais, Loito cre que “aínda que quizais o favorito é o Barça, campión do últimas tres edicións, en calquera emparellamento pode haber sorpresas, son partidos moi igualados e calquera erro pódeche mandar a casa”.
Por último, Barroso, terceiro capitán do equipo, engadiu que “somos un equipo novo e aínda que teñamos máis experiencia que o noso rival, imos á Copa con ilusión e ganas de facelo ben”. Tamén considera que, en comparación co partido de liga, este será “un partido diferente, xa non só polas baixas. O factor cancha tamén inflúe moito e agora xogamos nunha cancha neutral, pero o condicionante que máis vai influír é que ambos sabemos que si perdemos ímonos para casa”.











