Presentouse en Ourense a exposición debuxos e acrílicos de Alva no Auditorio Municipal
Esta mañá presentouse a exposición Debuxos e Acrílicos de Alva, no Auditorio Municipal, onde permanecerá ata o vindeiro día 20 de abril.
Trátase dun total de 40 obras con entre debuxos e acrílicos onde o pintor se entrega nunha persoal forma de facer sen condicionantes, deixando voar a súa imaxinación e sentíndose libre de toda tendencia que o poda converter no seu escravo.











