Presentáronse nove ofertas para os sete postos vacantes na praza de abastos de Cangas
A semana pasada rematou o prazo para presentar as ofertas para algún dos sete postos de venda vacantes na Praza de Abastos, sendo rexistradas nove ofertas. Os postos que están sendo obxecto deste proceso de adxudicación son tres postos de carnicería (nº6, nº 11 e nº22) e catro de peixería (nº23, nº45, nº46 e nº47) no Mercado Municipal de Cangas.
Os postos de venda teñen un prezo de licitación de 15.988,26, 14.534,78 e 15.988,26 euros respectivamente nos postos de carnicería e de 8.724,67 euros cada posto de peixería, sendo unha licitación mellorable á alza, co cal serán rexeitadas as ofertas inferiores a devanditas cantidades. Este canon no exime aos novos adxudicatarios de asumir ás correspondentes taxas pola utilización das instalacións do mercado que ascenden na actualidade a 71,23 euros ao mes no caso das carnicerías, chacinerías e ultramarinos e a 58,88 euros ao mes no caso das peixerías.
Dende a Concellería de Comercio esperan poder comezar coa mesa de contratación o antes posible para realizar a apertura e valoración das distintas ofertas.











