Presentación de Ravachol e das Murgas no Entroido de Pontevedra
O Entroido de Pontevedra retoma hoxe a súa programación coa presentación do Ravachol e a primeira eliminatoria do Concurso de Murgas. Para mañá, a festa pirata!
Luns, 3 de marzo
• 17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces
• 19.30 horas Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol
– Recreación da botica de don Perfecto Feijoo
– Actuacións: Grupo Foula e Escola de Batukada de Pontevedra
• 21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXIII Concurso de Murgas.
Martes, 4 de marzo
• 16.30 horas Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra
• 17.00 horas Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ
• 22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata- Únete ao Pirata da Moureira- Asociación Combrus e Troula. A continuación animación de rúa coas comparsas:
– Os da Caña
– Solfamidas
– Las Flores del Carnaval
– Os Canecos
– Os Paparrulos
– Amoriños de Bora
– A Esmorga
– Val do Lérez
– Clave de Sol
– Vamos a Todo
BASES DO CONCURSO DE MURGAS
Deben estar compostas por un número mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte e terán que ir acompañadas de calquera tipo de instrumento.
Aquelas que desexen participar deberán realizar a súa inscrición no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) antes das 13.00 horas do venres 28 de febreiro.
Os/as integrantes de cada murga só poden participar única e exclusivamente nunha.
A orde para a interpretación das cancións de cada unha das murgas quedará establecida mediante un sorteo que se celebrará o sábado día 1 de marzo ás 13.00 horas no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) ao que debe asistir un representante de cada murga.
O tempo destinado a cada actuación é de 30 minutos como máximo. Poderá ser inferior se cada murga o desexa así.
As cancións que se interpreten serán de temática libre e adaptadas ao estilo do Entroido. Valorarase a contribución humorística na actuación. Cada murga recibirá 200 euros como gratificación pola súa participación.
No caso de que a participación exceda de cinco murgas, celebraranse dúas eliminatorias que terán lugar no Pazo da Cultura o luns día 3 de marzo e o mércores día 5 de marzo ás 21.00 horas, a final será o xoves 6 de marzo ás 21.00 horas.
Calquera aspecto non contemplado nestas bases resolverao o xurado. O feito de presentarse ao concurso supón a aceptación destas bases e mais a conformidade coa decisión do xurado, que será inapelable.
PREMIOS
1º Premio 1.200 €
2º Premio 1.050 €
3º Premio 900 €
4º Premio 750 €











