Premiados no concurso de tarxetas do Día da Muller Traballadora en Palas de Rei
En conmemoración do día da muller traballadora, o CIM de Palas de Rei, en nome do concello fallou os premios do III Concurso de Tarxetas do Día da muller Traballadora que organizou dito centro, e que contou coa participación do Colexio Público de Palas de Rei, e do Colexio Público Virxe da Luz, de Portomarín.
Con esta iniciativa pretendíase fomentar dende o sistema educativo a igualdade entre homes e mulleres, para favorece-la integración da muller no mercado laboral, así como a participación do home nas tarefas domésticas. A selección baseouse na orixinalidade e capacidade creativa que dalgún xeito fan unha chamada de atención á igualdade da muller en tódolos ámbitos, e de modo especial no mundo laboral.
Resultaron seleccionados os seguintes alumnos e alumnas segundo as diferentes categorías:
– Categoría de Educación Infantil: alumnos/as de 3, 4 e 5 anos : GAEL VÁZQUEZ VILLASANTE. 5 ANOS. Colexio Público de Palas de Rei.
– Categoría de Educación Primaria: 1º e 2º : alumnos/as de 6, e 7 anos: NICOLÁS VÁZQUEZ MERCADIO.Colexio Público Virxe da Luz, de Portomarín.
– Categoría de Educación Primaria: 3º e 4º : alumnos/as de 7 e 8 anos: ALBA RIVAS VILA.Colexio Público de Palas de Rei.
– Categoría de Educación Primaria: 5º e 6º : alumnos/as de 9 e 10 anos: LETICIA CAGIDE RIVAS. Colexio Público de Palas de Rei.
Neste concurso foi dirixido a todos os rapaces e rapazas matriculados no C.E.I.P do Camiño de Palas de Rei, e no C.E.I.P Virxe da Luz de Portomarín. A participación estivo dividida en catro categorías: infantil (3, 4, 5 anos); 1º e 2º de primaria (6, 7 anos), 3º e 4º de primaria (7, 8 anos) e por último 5º e 6º de primaria (9, 10 anos), coa entrega dun premio por categoría. O tema da tarxeta foi a muller e o seu traballo na actualidade, valorándose especialmente a orixinalidade e creatividade.











