Porto do Son inicia as tarefas de derrube da Casa do Mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+
Derrube da Casa do Mar en Porto do Son

Derrube da Casa do Mar en Porto do Son

O Concello de Porto do Son xa procedeu ao derrubo da Casa do Mar, que vén sendo o paso previo á construción da escola infantil e nova ludoteca. O novo proxecto desenvólvese en dúas plantas, alcanzando por tanto unha altura bastante menor ao edificio da casa do mar.

A ludoteca disporase en planta baixa cun acceso independente ao da escola infantil desde a fachada que dá á fonte. E a gardaría desenvolverase en primeira planta a través dunha rampla cuxo embarque farase desde a praza existente e adxacente ao antigo edificio.

O importe do novo edifico alcanza os 410.000 euros e contará con 41 prazas para a escola infantil, e por tanto con tres aulas, unha por cada franxa distinta de idade.

Tense previsto tamén humanizar, revitalizar e por tanto a realización de obras na contorna inmediata ao novo edificio. Para esta obra de urbanización está a redactarse o proxecto de execución e prevese un importe de 150.000 euros. Trátase por tanto dunha obra complementaria á realización da escola infantil e ludoteca.

25 de marzo de 2014 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.