Poio participa na xuntanza da Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Poio participará  na xuntanza que se vai a celebrar en Pontevedra  o vindeiro mércores, 12 de marzo,convocados pola  Rede Municipalista Solidaria  do  Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade . Os encontros reúnen ao persoal técnico das administracións asociadas para dar conta dos proxectos apoiados en países do Sur e amosarlles as actividades de sensibilización que poderán implementar ao longo de 2014.

A Rede Municipalista Solidaria está integrada polas técnicas e técnicos delegados do Fondo Galego de Cooperación en cada una das preto de cen administración locais e provinciais socias. . A xuntanza dará comezo ás 10.30 horas.  e os concellos  próximos a Pontevedra  convócannos na Casa Azul.

Nestes foros, a Secretaría Técnica do Fondo Galego infórmalles sobre o estado da asociación, dos proxectos no exterior e das actividades dispoñibles.  Neste senso, prestarase especial atención ao Plan 2014, que reedita fórmulas de éxito como o concurso Imaxes con Fondo, o programa de voluntariado internacional Vacacións con Traballo, os contos da Tropa de Trapo, os ciclos de cine ou as exposicións. Entre as novidades que se ofertan, destacan os obradoiros de fotografía ou os encontros dixitais #Alén2015.

Tamén se exporá a segunda fase da iniciativa Networking for Developement, onde o Fondo Galego participa como referente para promover as redes de cooperación descentralizada en Europa, e supervisaranse os proxectos de cooperación promovidos canda ONGD galegas en Mozambique, Cuba e El Salvador. Realízase así un exercicio de transparencia e rendición de contas, amais de facilitar un meirande aproveitamento das diversas posibilidades para introducir na vida local unha visión global universal do mundo en que vivimos.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 Concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido uns 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

3 de marzo de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.