Plantación de árbores no monte para crear o ‘Bosque dos nenos’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Os centros educativos da Asociación Juan XXIII en Pontevedra, e os CEIP Cabanas e Marcos da Portela continúan co programa de actividades ambientais da man da Comunidade de Montes de Salgueiral e do Concello de Pontevedra.

Mañá venres as 9:30 da mañá terá lugar o inicio da saída de inverno para a plantación de árbores no monte co obxecto de continuar coa creación do Bosque dos nenos. A Comunidade de Montes do Salgueiral ten dedicado un rodal do monte veciñal á realización de actuacións de repoboación en actividades de educación ambiental. Cada unha das árbores etiquetarase co nome dos nenos que a plantaron. En anos anteriores xa se plantaron castiñeiros, cerdeiras  e bidos e neste ano plantaranse freixos, bidueiros e carballos. Todas as especies que se empregan na plantación son autóctonas. A actividade forma parte das labores de restauación que realiza a Comunidade de Montes logo de sufrir o lume no ano 2006 na totalidade da súa superficie.

Na actividade colabora tamén a Asociación Vaipolorío que achega o coñecemento das especies da fauna e flora aos escolares.

A plantación que estaba prevista para a semana vindeira tivo que adiantarse por mor do adianto da primavera.

13 de marzo de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.