Plantación de árbores na Peneda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Protexer o medio ambiente é labor de todos, de grandes e pequenos. Estes últimos xa puxeron o seu granito de area para que a contorna no que viven sexa un pouco mellor. Hoxe, máis de 40 alumnos de 6º do Colexio Manuel Padin Truiteiro  de Arcade desafiou ao sol e á calor puxéronse ao choio para colaborar na plantación de 70 árbores  autóctonas que, desde os próximos días, darán cor e vida ao os arredores da ermida da Peneda.

As especies elixidas para poboar este bonito e visitado paraxe do Concello de Soutomaior foron as especies autóctonas de “Vidueiros” “Madroños” “Loureiros” e “Sobreiras”

Previamente, para que a actuación fose plenamente satisfactoria, había que eliminar a maleza acumulada e aí entraron en acción os operarios do Concello de Soutomaior que cunha limpeza anterior e unha queima controlada deixaron o lugar listo para a plantación prevista.

Toda esta actividade estivo sempre supervisada por catro axentes da Consellería de Medio Ambiente que instruían aos máis pequenos nas formas de plantar estas especies.

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e o Concelleiro de Medio Ambiente Ramón Fernández, acompañaron aos alumnos e ao tres profesores que os acompañaban.

O Concello de Soutomaior colabora nestas actividades escolares para que estes pequenos proxectos énchanlles de ilusión e ensinaralles o valor do respecto á natureza

19 de marzo de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.