Pasa a titulariedade municipal o edificio que albergou a Fundación Comarcal da Ulloa en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O alcalde  de Palas de Rei, informa que nas vindeiras semanas a Xunta de Galicia cederá definitivamente ao Concello de Palas de Rei a titularidade do edificio que fora sede anteriormente da Fundación Comarcal.

 Trala disolución do ente, que xestionaba as Fundacións Comarcais, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Vicepresidencia, está a ceder a titularidade definitiva destes inmobles ós Concellos nos que están ubicados.

 No caso de Palas de Rei, trátase dun edificio completamente moderno ubicado en plena vila de Palas de Rei, ao carón do  Camiño de Santiago e o lado  da carretera nacional 547. Trátase dun edificio de máis de 800 metros cadrados repartidos en 5 plantas perfectamente acondicionadas para albergar calquer tipo servicio. O inmoble que según informa o alcalde, Pablo Taboada, continuará como sede da Asociación de Comerciantes e Industriais de Palas de Rei, tamén albergará, nas súas outras estancias, diferentes servicios municipais, como a oficina de información turística, aula CENIT(novas técnoloxías), así como, será utilizado para o desenrolo de diversas actividades do texido asociactivo municipal.  O alcalde, non descarta ubicar nel, tamén, diferentes servicios de carácter comarcal como é a oficina do Grupo de Desenrolo Rural (GDR) ou outros servicios do Concello de carácter agrogandeiros ou forestais. En definitiva, e segúndo matiza, Pablo Taboada, que agradece a nova incorporación patrimonial feita ao Concello de Palas de Rei manifesta que” os usos que se fagan deste novo inmoble redunden en que sexa un centro vivo, donde principalmente, se preste apoio a empresas e a emprendedores de diversa índole, sen descartar os usos múltiples derivados das necesidades díarias que plantexe o texido asociativo e cultural local, así como, non se descarta a posibilidade de diversos usos a nivel Comarcal”.

Ata o momento, e trala  disolución das Fundación Comarcal da Ulloa, esté edificio estaba sendo utilizado como a sede das oficinas da Asociación de Empresarios e Industriais de Palas de Rei e en destacadas ocasións albergou o desenrolo de Congresos, como as diversas edicións do “Congreso Camiño de Santiago”, ou cursos, como o recentemente “Curso de Saúde Ambiental”, así como, foi a ubicación das oficinas de control técnico do Rallie da Comarca da Ulloa nas súas últimas edicións.

 Con esta nova incorporación ao patrimonio municipal do Concello de Palas de Rei, deste novo inmoble, o Concello de Palas de Rei cifra o seu valor patrimonial en ó redor de 6 millóns de euros.

12 de marzo de 2014 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.