Partido Popular e PSOE de Vigo pactan os orzamentos municipais nun acordo inédito na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local Portada ► Vigo ▼
A-
A+
Europa Press

Os grupos municipais do PSOE e do PP no Concello de Vigo confirmaron este xoves un principio de acordo para votar xuntos os orzamentos locais para 2014 e, despois de semanas de negociacións, pechan un pacto inédito na cidade olívica.

O portavoz do grupo municipal, José Manuel Figueroa, mostrouse moi satisfeito polo acordo, un “pacto por Vigo e polo seu futuro”, e sinalou que a inclusión dos servizos ao novo hospital, principal escollo na negociación, queda “perfectamente reflectido” no documento.

Así, explicou que, aínda que a palabra ‘hospital’ non está expresamente recollida, si hai un compromiso do goberno para levar os servizos aos veciños das parroquias (entre elas, onde se constrúe o hospital), ás empresas, universidade e ás dotacións e equipamentos sociocomunitarios.

Pola súa banda, o alcalde, Abel Caballero, subliñou que o pacto permitirá continuar en Vigo coas políticas sociais e as políticas de emprego do goberno, á vez que convidou ao BNG a que reconsidere a súa postura e se una a socialistas e populares.

Con respecto á polémica do hospital, o rexedor recalcou que esa palabra “non aparece” no acordo e limitouse a insistir en que o orzamento contemplará servizos “para as parroquias”, que non pode negarse a dar servizo ás empresas que o pidan e que “hai que antepor os intereses de Vigo a calquera pretensión partidaria de quen goberna”.

27 de marzo de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.