Parte do equipo de rodaxe de “A praia dos Afogados” visita as últimas localizacións en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+

Parte do equipo de rodaxe visitou hoxe en compañía do alcalde, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, algunhas das instalacións municipais que serán escenario da película “A praia dos afogados”, baseada na novela homónima de Domingo Villar.

Entre os escenarios visitados hoxe figuran a lonxa e o Club Náutico de Panxón, as dependencias da antiga Policía Local, unha casa de mariñeiros en Patos, as praias de Area Fofa e A Madorra e o Faro de Monteferro. A rodaxe comezará o próximo 5 de maio, e prolongarase durante polo menos seis semanas.

10 de marzo de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.