Parón en Copa Xunta e Liga o mércores en Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Trala derrota no Palau ante o Barça do pasado venres e descansar o fin de semana, o Azkar Lugo FS regresou esta mañá ás sesións de adestramentos e fíxoo cunha técnico-táctica. Esta semana non haberá competición liguera xa que a mesma paralízase debido a que do xoves ao domingo, en Logroño, disputarase a Copa de España entre os oito primeiros clasificados ao término da primeira volta.

Pese a iso os lucenses afrontan esta semana unha competición oficial, como será o partido de semifinais de Copa Xunta de Galicia deste mércores (20:30 horas – Pavillón Vista Alegre), eliminatoria a partido único ante o Burela Pescados Rubén.

Para este partido varios xogadores son dúbida debido ás súas molestias e así os capitalinos deberán estar pendentes da evolución de Jandri, Aranburu e Cospe e ver si poden entrar na convocatoria para este mércores.

Horarios de adestramentos:

Luns 10:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Martes 11:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Mércores 12:
20:30 horas: semifinais Copa Xunta de Galicia: Burela Pescados Rubén – Azkar Lugo FS (Pavillón Vista Alegre).

Xoves 13:
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Palacio Municipal).

Venres 14:
Descanso.

Sábado 15:
Descanso.

Domingo 16:
Descanso.

10 de marzo de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.