Os xogos infantís colocados no parque Rosalía de Castro de Burela ascenden a 37.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaLocal PortadaLugo
A-
A+
Alfonso Rueda na visita a Burela

Alfonso Rueda na visita a Burela

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e do alcalde da localidade, José González Barcia visitaron esta mañá o parque Rosalía de Castro, en Burela no que se investiron máis de 37.000 euros ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público.

O goberno galego levou a cabo o proxecto ”Subministro e colocación de xogos infantís no parque Rosalía de Castro” co fin de rehabilitar este parque destinado á infancia nunha poboación con número elevado de menores.

Alfonso Rueda, salientou a importancia destas pequenas actuacións que son moi importantes para o día a día dos veciños, e que reflicten como a colaboración entre Xunta e concellos reverte directamente no beneficio dos cidadáns.
A orde de axudas para Infraestruturas de uso público é unha ferramenta que o Goberno galego pon á disposición dos concellos galegos para que estes poidan realizar actuacións que beneficien a todos os veciños; tales como proxectos de creación, adecuación ou rehabilitación de espazos públicos, prazas, rúas e vías públicas, paseos municipais e parques destinados á infancia, como é o caso de Burela.

Un dos principais obxectivos destas axudas é contribuír ao reequilibrio territorial, sobre todo dos concellos máis pequenos, xa que está dirixida aos que teñen menos de 30.000 habitantes. O ano pasado foron financiados con cargo a esta Orde un total de 44 proxectos municipais, por un importe de preto de 1,3 millóns de euros. No caso da provincia de Lugo, á que pertence Burela esta contía ascendeu a case 220.000 euros.

14 de marzo de 2014 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.