Os tres internacionais sub-18 do Azkar Lugo agora con Galicia a polo Campionato de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Nada máis chegar de terras italianas, a tres xogadores do Azkar Lugo vólvelles tocar preparar a maleta para afrontar outro reto. Rubén Mouriz, Adrián e Álex Diz regresaron onte mércores da concentración da selección española sub-18 que lles levou este pasado luns e martes a enfrontarse ao combinado sub-18 de Italia, partidos que se disputaron na cidade transalpina de Génova e nos que España venceu con contundencia (3-7 e 1-6).

Agora os tres xogadores internacionais do Azkar Lugo afrontan outro reto como será o Campionato de España de seleccións autonómicas sub-19. Aí Galicia afronta a fase final do torneo á que chegaron as catro seleccións que superaron a fase previa: Galicia, Murcia, Andalucía e Cataluña. Será polo tanto unha fase final chea de emoción e moita calidade a que se vivirá este fin de semana e que terá como sé o Pavillón Jacint Verdaguer de Santa Coloma.

Os tres xogadores foron convocados polo seleccionador galego, Mon Barreiro, quen realizou a seguinte convocatoria:
– Fran (Verín FS).
– Helder (Burela FS).
– Alberto, Samuel e Adrián (Santiago Futsal).
– Miguel Ángel (CD Beade).
– Rubén Mouriz, Adrián e Álex Diz (Azkar Lugo).
– Ángel e Ignacio (O Parrulo).
– Ismael (Villalba FS).

Calendario de partidos – Pavillón Jacint Verdaguer:

Sábado 29 de marzo:
– 10:00 horas: Galicia – Murcia
– 12:00 horas: Andalucía – Cataluña

Domingo 30 de marzo:
– 12:00 horas: final

27 de marzo de 2014 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.