publicidade hoxe

Os propietarios dos apartamentos SolyMar ceden os terreos anexos ao areal ao Concello de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMiño
A-
A+
Sinatura do convenio de cesión e estado no que quedaron os apartamentos

Sinatura do convenio de cesión e estado no que quedaron os apartamentos

As cicloxénesis explosivas e temporais dos meses de febreiro e marzo de 2014 deixaron no Concello de Miño multitude de danos materiais nas praias do municipio, sendo a Praia Grande de Miño a que sufriu os danos mais importantes.

Ante a situación de ruina parcial da edificación coñecida como SolyMar, a semana pasada o alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, reuneuse cos propietarios dos terreos do Solymar e foron recibidos polo Xefe da demarcación de Costas onde os propietarios xa mostraron a intención de atenden a petición do rexidor miñense de ceder parte do terreo derrubado para o uso e disfrute de miñenses e visitantes. Así no día de hoxe, no Salón de Plenos do Concello, propietarios e alcalde, asinaron o documento de cesión de terreos que será remitido á Demarcación de Costas para que execute a ampliación do paseo marítimo da Praia Grande de Miño onde o futuro sendeiro da costa se unirá por esta zona.

Deste xeito, os propietarios da construcción ceden gratuítamente ao concello de Miño un total de  653 metros cadrados para que se poda continuar o paseo marítimo pola veira da Praia Grande de Miño; consideran que esta cesión redundara na mellora da calidade de vida dos veciños, asi como na potenciación da zona.

O alcalde de Miño, Jésús Veiga, agradece a sensibilidade e colaboración da familia Seijo Cagiao con todos os miñenses e , sobre todo, e celeridade na cesión polo que as obras de reparación poderan executarse moito antes. O alcalde de Miño desexa tamén agradecer ao Xefe de Demarcación de Costas a axilidade coa que vai acometer as obras de recuperación dos danos no municipio.

13 de marzo de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.