Os populares de Vigo consideran “impresentable” o Meco do entroido vigués
O grupo municipal do PP no Concello de Vigo riscou este luns de “impresentable” a instalación, na Porta do Sol, dun meco que representa a Feijóo cunhas tesoiras na man e pisando un dos símbolos da cidade (o castelo que aparece no escudo, xunto coa oliveira).
Segundo afirmou o voceiro dos populares, José Manuel Figueroa, “hai que ter un respecto polas persoas, e é de mal gusto atacar unha das persoas que está máis comprometida con Vigo”. A ese respecto, o concelleiro do PP subliñou que o presidente da Xunta “desbloqueou o naval, está comprometido co novo hospital, está intentado a implantación do transporte metropolitano, apoia a chegada do AVE e a nova estación…”
Figueroa apuntou que, unha figura do presidente galego, debería representalo “cos empresarios e sindicatos apoiando o naval”. “Entendemos a permisividad do Carnaval, pero ten que haber un respecto a unha presidente que está a facer moitas cousas pola cidade. Parécenos realmente impresentable, pero alá cada un”, concluíu o voceiro do PP, quen engadiu que o seu partido “non o faría”.











