Os populares de Lugo reclama que se depuren “responsabilidades políticas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

Os últimos tomos do sumario da Operación Pokémon que saíron á luz xeraron reaccións nos partidos de Lugo, onde o PP reclamou que se depuren “responsabilidades políticas” e o BNG instou ao alcalde da cidade, José López Orozco, a dimitir.

A portavoz no Concello do BNG, Paz Abraira, esixiu, ademais, aos dous “grandes” partidos –PP e PSOE– que “tomen medidas sobre a imputación dos seus cargos” nos supostos de corrupción que afectan os Concellos de Lugo, Ourense, A Coruña e Santiago.

“O normal para unha rexeneración democrática das institucións sería a suspensión dos gobernos municipais e a convocatoria de eleccións anticipadas”, manifestou Abraira, en relación aos concellos implicados na Pokémon.

Con todo, descartou que os nacionalistas vaian presentar unha moción de censura contra Orozco, que só podería saír adiante co respaldo dos 12 edís do PP e a suma dos dous nacionalistas fronte aos 11 do PSOE.

“MERCADEO” DE EMPREGOS

Máis mornos nas súas críticas, os populares, a través do viceportavoz Antonio Ameijide, esixiron que se depuren “responsabilidades políticas”.

Ante os medios, Ameijide demandou explicacións ao Goberno local sobre o “bochornoso mercadeo” de postos de traballo que –subliñou– “Orozco confirma nesa gravación”. Por último, insistiu en que o Goberno local converte ao Concello “nunha oficina de colocación do PSOE”.

26 de marzo de 2014 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.