Os participantes no Congreso Internacional da Camelia visitan Tui esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Os participantes no Congreso Internacional da Camelia que se está a celebrar ao longo desta semana en Pontevedra visitarán este domingo Tui no marco das actividades do poscongreso.

Dende a organización do Congreso plantexan estas visitas poscongreso para dar a coñecer os monumentos máis emblemáticos da provincia. No caso de Tui a chegada dos congresistas está prevista ás 11h na Casa do Concello onde serán recibidos polo alcalde de Tui e membros da corporación municipal. A continuación visitarán a Catedral de Tui e o Conxunto Histórico da Cidade.

No Congreso están a participar de 250 congresistas de 16 países unidos en torno á camelia.  A súa visita a Tui este domingo é valorada positivamente polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quen apunta que este pode ser un primeiro contacto destas persoas coa cidade que poderán volver noutras ocasións e actuar amais de embaixadores de Tui no seu país de orixe.

14 de marzo de 2014 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.