Os maiores de Lousame que participan nos obradoiros da memoria celebran unha festa de Entroido

Festa de Entroido dos maiores de Lousame
Un total de 46 veciños e veciñas integrantes dos obradoiros da memoria de Lousame celebraron unha Festa de Entroido o pasado venres 7 de marzo. A celebración tivo lugar na casa da cultura, xusto despois dos actos conmemorativos do Día da Muller. Os maiores colaboraron na organización da festa traendo filloas, orellas, empanadas, rosca, bica, viño e refrescos.











