publicidade hoxe

Os choqueiros toman Veiga para celebrar o Luns de Entroido coa romaría de San Blas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+
Entroido en Veiga

Entroido en Veiga

Veiga converteuse hoxe no centro do Entroido máis xenuíno da comarca. Centos de veciños de Culleredo e dos arredores congregáronse xunto ao cruceiro da parroquia para celebrar a romaría de San Blas co tradicional Luns de Entroido.

Os choqueiros foron uns dos principais protagonistas. Veciños de todas as idades, desde os máis pequenos aos maiores, acudiron cos seus mellores disfraces. Puidéronse ver familias de árbores, marcianos, científicos, cubanas ou vampiros.

A música correu a cargo da orquestra Fania Branco Show e o humor a cargo da comparsa Os Parados de Mera, que repasaron a actualidade da política dunha forma desenfadada. Logo chegou a esperada lectura do testamento, unha serie de coplas satíricas que repasaron a principal actualidade desde un punto de vista humorístico.

O tradicional Entroido de Veiga foi recuperado en 1984 por un grupo de veciños en colaboración co Concello de Culleredo. Desde entón vén celebrando de forma ininterrompida, polo que hoxe cumpriu a súa 30 aniversario.

3 de marzo de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.