Os cativos serán os protagonistas do luns de Entroido co baile infantil da Peixería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Luns de Entroido é o día que o Concello destina á diversión dos máis pequenos. A s Concellerías de Cultura e Xuventude organizan un ano máis o baile infantil de disfraces que se celebrará na Praza da Peixería e que este ano estará animado por unha DJ moi divertida. A festa, destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos, comezará ás cinco da tarde e prolongarase ata as oito. Aínda que non é un requisito imprescindible, anímase aos cativos a acudir disfrazados.

O baile desenvolverase no recinto da Praza da Peixería e contará cunha activa participación da DJ que, ademais de encargarse de poñer a música, animará aa festa facendo coreografías e bailes para que poida bailar todo o mundo.

2 de marzo de 2014 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.