Os alimentos donados polas asociacións de veciños de Ancos e O Roxal distribuiranse entre medio centenar de familias de Neda
O Concello de Neda agradeceu esta mañá ás asociacións de veciños de Ancos e do Roxal a súa colaboración co Banco Municipal de Alimentos. E é que no día de onte, operarios municipais recollían productos de primeira necesidade valorados en 1.130 euros donados por ambas entidades e que, a próxima semana, recibirán unhas cincuenta familias da real vila con escasos recursos.
Ámbolas dúas asociacións organizaban recentemente unha cea con fins solidarios e, na mesma, recaudábanse 1.130 euros. Postas en contacto co departamento de Servizos Sociais, este trasladoulle as principais necesidades en canto ao Banco de Alimentos: leite, fariña, azúcar, conservas, aceite, pañais… E, en base a esa lista, os fondos sinalados serviron para mercar os citados productos. Deste xeito, ese continxente sumaráse ás cestas que entregará o Concello a próxima semana coas aportacións periódicas da Cruz Vermella. Uns 3.400 quilogramos de alimentos con destino ás familias con escasos recursos de Neda.











