publicidade hoxe

Os 19 concellos bañados polo Ulla deseñan a cuarta edición do programa ‘Goza do Ulla 2014’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaLugoPontevedraTouro
A-
A+

O interese e as aportacións  dos 19 concellos bañados polo río Ulla, cuia maioría se reuniron este xoves (27 de marzo) en Touro para deseñar a promoción  dunha nova edición de ‘Goza do Ulla’, fan posible que se manteña vivo este programa que quere dar a coñecer o patrimonio natural, cultural e artístico do territorio polo que discurre este curso fluvial e que abrangue tres provincias (A Coruña, Pontevedra e Lugo).

Á reunión acudiron representantes dos concellos de A Estrada, Silleda, A Golada, Teo,  Palas de Rei,  Santiso, Dodro, Catoira, Vila de Cruces, Vedra e Arzúa. Os representantes dos concellos ausentes manifestaron o seu interese por participar nesta iniciativa e enviaron as súas propostas. Nas próximas semanas será presentado oficialmente o programa de rotas e atividades vinculadas ao programa ‘Goza do Ulla 2014’.

Na xornada de traballo, á que acudiron técnicos e responsables políticos dos concellos, definíronse os obxectivos, o modelo de promoción e as tarefas a desenvolver nesta iniciativa turística. Este ano, o programa ‘Goza do Ulla’ ten previsto ofrecer, en moitos dos concellos, novos sendeiros e tramos que permitan disfrutar de paraxes descoñecidos para os amantes do senderismo. Tamén se contemplou a posibilidade de ofertar atividades complementarias para que o visitante, unha vez finalizado o roteiro, poda profundizar no coñecemento do entorno. Son moitos dos concellos bañados polo Ulla os que xa posúen unhas instalacións acondicionadas coas infraestructuras axeitadas para que poidan pernoctar os autocaravanistas que queiran sumarse ás rotas de sendeirismo programadas.

No ano 2010 os concellos de Arzúa, Boqueixón, Santiso, Touro e Vedra tiveron a iniciativa de desenvolver un programa para dar a coñecer as rutas de sendeirismo dos seus concellos. No ano 2011 esta iniciativa ampliouse aos 19 concellos bañados polo Ulla pertencentes as provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra. Así pois vemos como ca ada ano cobra forza e peso este programa que ten como obxectivo a promoción turística, económica e cultural deste territorio, para o que ofrece rotas de sendeirismo e puntos de estacionamento de autocaravanas e atividades complementarias preparadas para os visitantes que queiran disfrutar dos recursos dos concellos. Tense previsto que a finais do mês de abril os amantes da natureza conten con toda a información que publicitarán conxuntamente estes 19 concellos da Ulla.

28 de marzo de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.