Once murgas participan dende o luns no tradicional Concurso de Murgas de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Logo do sorteo celebrado ás 13.00 horas desta mañá na Concellaría de Festas, as murgas participantes no Concurso de Murgas que comeza o luns no Pazo da Cultura, e a súa orde de participación, é a seguinte:

LUNS:

1. Os do Val do Lérez. Sincronizadas olímpicas de Pontevedra

2. Don Jo-Don

3. Os da Baiuca

4. Os de Noalla

5. Os Garoulos

6. Murga do Naveiro presenta Circogénesis

MÉRCORES

1. Equipo Ja

2. Los Goya son cosa de artistas

3. Murga Femenina de Pontevedra. Pontevisión

4. Murga de Colon PTV

5. Amoriños de Bora

Se queredes contacto con algunha das murgas, solicitade os teléfonos ao Gabinete de comunicación.

BASES DO CONCURSO DE MURGAS

Deben estar compostas por un número mínimo de cinco persoas e un máximo de vinte e terán que ir acompañadas de calquera tipo de instrumento.

Aquelas que desexen participar deberán realizar a súa inscrición no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) antes das 13.00 horas do venres 28 de febreiro.

Os/as integrantes de cada murga só poden participar única e exclusivamente nunha.

A orde para a interpretación das cancións de cada unha das murgas quedará establecida mediante un sorteo que se celebrará o sábado día 1 de marzo ás 13.00 horas no Servizo de Cultura (rúa Churruchaos nº 2 – 1º andar) ao que debe asistir un representante de cada murga.

O tempo destinado a cada actuación é de 30 minutos como máximo. Poderá ser inferior se cada murga o desexa así.

As cancións que se interpreten serán de temática libre e adaptadas ao estilo do Entroido. Valorarase a contribución humorística na actuación. Cada murga recibirá 200 euros como gratificación pola súa participación.

No caso de que a participación exceda de cinco murgas, celebraranse dúas eliminatorias que terán lugar no Pazo da Cultura o luns día 3 de marzo e o mércores día 5 de marzo ás 21.00 horas, a final será o xoves 6 de marzo ás 21.00 horas.

Calquera aspecto non contemplado nestas bases resolverao o xurado. O feito de presentarse ao concurso supón a aceptación destas bases e mais a conformidade coa decisión do xurado, que será inapelable.

PREMIOS DO CONCURSO DE MURGAS

1º Premio 1.200 €

2º Premio 1.050 €

3º Premio 900 €

4º Premio 750 €

1 de marzo de 2014 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.