Oleiros contratará catro auxiliares de Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Concello de Oleiros anuncia a convocatoria para a contratación laboral temporal de catro auxiliares da Policía local. As persoas que desexen optar a estas prazas deberán estar en posesión da titulación que lles sexa esixible para o acceso aos funcionarios do subgrupo C2.

As bases están a disposición dos interesados e interesadas na área de Persoal e RRHH e na xanela de información. Así mesmo se poden consultar na páxina web www.oleiros.es. As solicitudes deberán ser presentadas no rexistro xeral do Concello, en horario das 08:30 ás 13:00 horas. O prazo de presentación de instancias remata o próximo 1 de abril.

20 de marzo de 2014 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.