‘Oficios en acción, a festa da artesanía’ no Ágora da Coruña
Ás aulas deste espazo albergarán, o 5 e 6 de abril, oito obradoiros artesáns de diferentes oficios, abertos a todos os públicos. Os visitantes poderán visitalos, falar cos artesáns que os dirixen e participar en calquera deles ou en varios, libre e gratuitamente, na medida que as prazas dispoñibles o permitan.
Nalgúns obradoiros cuns programas máis intensivos haberá que inscribirse para garantir a praza nun día e hora determinados. Esta modalidade está limitada a un número restrinxido de participantes ata completar ás prazas dispoñibles, aínda que existe unha lista de espera para cubrir as posibles baixas. A inscrición se fará por rigoroso orde de rexistro.
Cada un dos obradoiros participantes despregará un atractivo programa de introdución aos seus respectivos oficios do mellor modo posible: invitando os visitantes a poñerse mans á obra! Os obradoiros
1
Nano Unzueta (Brión, A Coruña) é sen dúbida un dos mellores torneiros ceramistas profesionais de Galicia. Cunha traxectoria de máis de 30 de anos de dedicación a este oficio, será o anfitrión perfecto para as persoas que desexen sentarse ao torno, acariciar o barro e aprender as nocións básicas para darlle forma.
2
Gustavo Helling (Soñeiro, A Coruña) é o titular dun obradoiro de ourivería profesional de longa traxectoria, co que o público que acuda o Ágora terá posibilidade de preparar un esmalte de alta temperatura sobre cobre, cocelo nun forno especial e levalo para á casa.
3
Os interesados tamén poderán familiarizarse coa pintura ao engrudo, unha das técnicas máis antigas de papel decorado, da man de Beatriz Pintos (A Coruña), e experimentar coas súas posibilidades creativas e ornamentais. Os participantes pintarán os papeis ou sábado e, se o desexan, volverán o domingo a realizar con eles unha sinxela carpeta e levala gratuitamente.
4
As guitarras eléctricas tamén poden ser artesanais. Francisco Rodríguez ( FranFret Custom Guitars, A Coruña) desvelará aos posibles interesados todos os detalles e pormenores do proceso de construción dunha guitarra eléctrica de autor.
5
Susana González (Obradoiro Terralume, A Coruña) axudará aos inquedos a asomarse á azulexería cerámica, a través da creación dun mandala propio sobre unha placa de cerámica; revelando así as súas estruturas xeométricas, ás simetrías e a construción modular que ocultan os seus deseños máis frecuentes.
6
Con Idoia Cuesta (Outeiro de Rei, Lugo), o público interesado poderá descubrir o mundo da cestería xa sexa dun xeito informal, ou ben en profundidade, participando nos seus cursos de catro horas e, nese tempo, aprender a trenzar un cesto de vimbio e levalo á casa como recompensa.
7
Josefina Sedes é unha experta artesá téxtil que, con Xabier Rodríguez, forman o Obradoiro de Tapices Galicia con sede na Coruña. En Oficios en acción ofrecerá dúas actividades nas que é posible participar durante 8 horas cada día: tecido sobre bastidores individuais e xoiería téxtil con técnicas de micro-macramé (Kumihimo), de orixe xaponés.
8
Fai anos que Xaneco (Outeiro de Rei, Lugo) constrúe instrumentos musicais tradicionais de percusión ou corda, como é a zanfona. O seu programa inclúe demostracións de procesos, a elaboración de sinxelos xoguetes sonoros e a posibilidade de participar nun curso durante os dous días e completar o seu propio pandeiro. Neste caso, ademais de formalizar a inscrición, será necesario aboar ou custo dous materiais (50 eur), para levar o instrumento para casa.
Os Días Europeos da Artesanía
Os días Europeos da Artesanía é unha acción na que participan 12 países europeos, e que ten vocación de crecer ano tras ano. España incorporouse a súa celebración no ano 2012. Propón a organización de accións horizontais, invitando a todos os actores relacionados coa artesanía: obradoiros, asociacións, institucións, escolas, museos…, a organizar charlas, coloquios, seminarios, iniciativas de índole pedagóxica; exposicións, demostracións, feiras; xornadas de portas abertas en espazos de traballo, obradoiros…
Esta iniciativa está promovida en España pola Fundación EOI – Fundesarte, adscrita o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.
A actividade “Oficios en acción” forma parte da programación oficial dos Días Europeos da Artesanía e está organizada pola Concellería de Cultura do Concello da Coruña, en colaboración coa Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e a Asociación Galega de Artesáns.











