Obras de conservación e mellora no río Pereiro ao seu paso polo concello de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoio
A-
A+
Estado do río Pereiro en Poio e a súa contorna

Estado do río Pereiro en Poio e a súa contorna

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, está a executar as obras de conservación e mantemento do río Pereiro, no lugar de San Xoan de Poio, ao seu paso polo Concello de Poio.

Estes traballos de mantemento dun treito que alcanza 400 metros, supoñen unha inversión de case 5.500 euros, están enmarcados no programa de Conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

As obras centraranse no desbroce puntual en zonas nas que o couce se atopa oculto por maleza; na poda de arbustos e ramas baixas; e a recollida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU). Estes traballos, unha vez finalizados, garantirán unha mellor conservación tanto do propio río como da contorna que o rodea.

8 de marzo de 2014 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.