Obradoiros de Semana Santa en Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

A concellaría de Educación do Concello de Cambre vai realizar o programa de conciliación da vida familiar e laboral “Obradoiros de Semana Santa 2014”que son actividades lúdico –deportivas e culturais para nenos e nenas que cursen 2º ciclo de educación infantil, toda educación primaria e 1º da iso, os días de vacacións escolares de semana santa días 14, 15, 16 e 21 de abril de 2014 entre as 7:30 e 16:30 horas.

Para solicitar praza hai que presentar formulario de solicitude en calquera dos rexistros de entrada do Concello de Cambre desde o día 19 ao 29 de marzo. Pódese obter información detallada na páxina web municipal ou no departamento de Educación do Concello de Cambre.

24 de marzo de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.