Obradoiro sobre a figura de Inés de Castro en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Dentro da programación organizada pola concellería de Igualdade para conmemorar o “Día Internacional da Muller”, o CIM de Monforte, en colaboración co colectivo “Lemos le”, desenvolve o obradoiro “MULLERES DE LEMOS, INÉS DE CASTRO. Unha muller para o 8 de marzo” co obxectivo de promover a igualdade entre mulleres e homes desde idades temperás.

Este obradoiro traballa sobre a figura de Inés de Castro e está orientado principalmente ó alumnado de 5º de Educación Primaria ou Bibliotecas Municipais de Monforte e comarca de Lemos.

A iniciativa parte da idea de dar a coñecer un pouco mais a historia desta muller vinculada á comarca de Lemos desde o século XIV, transmitindo unhas claves sinxelas sobre a vida de Inés de Castro, claves que posteriormente  plasmarán  nun debuxo.

Ó remate de tódalas sesións, escolleranse un ou varios debuxos nos que se basearán as ilustracións dun conto sobre a vida de Inés de Castro.

Procurarase facer unha edición on-line do conto que estará a disposición dos centros educativos que o desexen.

O feito de que as nenas e os nenos sexan os creadores dos debuxos, facilita o seu compromiso co obradoiro e desenvolve a súa creatividade incrementando a autoestima.

O persoal do CIM está acudindo durante estes días a tódolos centros de ensino de primaria, nas seguintes datas e horarios:

Venres 7 de marzo, CEIP A GÁNDARA de 15:15-17:00 horas

Luns 10 de marzo, CEIP A GÁNDARA de 15:15-17:00 horas.

Martes 11 de marzo, CPR TORRE DE LEMOS de 15:30-17:30 horas.

Mércores 12 de marzo, CEE INFANTA ELENA de 15:00-17:00 horas.

Luns 17 de marzo, CEIP NOVO  de 15:25-17:30 horas.

Martes18 de marzo, CEIP NOVO  de 15:25-17:30 horas

Xoves 20 de marzo, CPR ESCOLAPIOS de 10:00-13:30 horas

Venres 21 de marzo, CPR FERROVIARIO  de 12:00-13:30 horas

12 de marzo de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.