publicidade hoxe

Obradoiro de consumo responsable de fármacos en Mugardos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMugardos
A-
A+

Os vindeiros días 21 e 28 de marzo, ás 18:00 terá lugar un obradoiro de CONSUMO RESPONSABLE DE FÁRMACOS no Local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega de O Seixo, Concello de Mugardos.

Este obradoiro ten como obxectivo informar e concienciar á poboación en xeral dos riscos asociados ó consumo abusivo de fármacos e a práctica arriscada da automedicación.

A asistencia é aberta é non se precisa inscrición previa.

A actividade realízase dentro proxecto de prevención da drogodependencia que realiza ASFEDRO coa colaboración da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol.”

18 de marzo de 2014 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.