O Younkounkoun ponse á fronte do Trofeo Galos Xoiaría Arizaga de Cruceiros de Aguete
Comezou este pasado sábado na ría de Pontevedra o Trofeo Galos Xoiaría Arizaga que está a organizar o Real Club de Mar de Aguete no seu 13ª Edición e a verdade é que houbo pouco vento pero suficiente para que se completase a proba, iso si, un vento moi cambiante tanto de dirección como de intensidade que fixo que a proba resultase moi difícil para comité de regatas e participantes. Regata que ademais puido ser seguida en directo e de maneira virtual coa innovadora aplicación que facilitou aos barcos participantes a empresa especializada en organización de Eventos Náuticos, Desmarque SL, que tamén figuran na organización da regata.
Parecía que o vento non ía ser suficiente na ría de Pontevedra para a consecución da proba, pero unha brisa do suroeste de 7 nós de intensidade permitiu dar a saída puntualmente ás 14:30 horas para realizar un percorrido de case 8 millas pasando polos puntos de Morrazán, Pelados e Aguete. Moitas alternativas debido aos roles de ventos e subidas e baixadas de intensidade que no fondo fíxoa aínda máis emocionante. Ao final, gran regata do YOUKOUNKOUN (JOD 35 – Adolfo Castro – CN Portonovo) que liderou de punta a cabo a proba, gañou en tempo compensado a Absoluta e a clase ORC 1 e soubo defenderse mesmo nas acougadas, onde o ir na cabeza adoita ser unha desvantaxe ao poder ver os demais o que se lles vén encima. En ORC 1 seguíronlle a 18 minutos o AGUIEIRA I (Sun Odissey 40 – Celestino Campelo – RCM Aguete); a 23 minutos o SEBRALA 2 (Bavaria 50 – Magin Froiz – RCN Sanxenxo); a 24 minutos o MOFLETE II (Centurion 47 – Antonio Díaz Lorente – CN Combarro) e a 25 minutos o ALDÁN (First 40.7 – José Bleda – Comisión Naval Regatas Marín) que partía como favorito, pero a súa falta de actividade en regatas neste ano en comparación cos demais pasoulle factura.
En ORC Clase 2, estivo espectacular o LIMAY (Bramador 34 – José Luís Smith – CN Beluso) gañando por 22 segundos aos potentísimos ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – Royal New Zealand YC.) e FAÍSCA NEJRA (RO 300 – José Rei – CN Beluso) que fixeron o mesmo tempo compensado entre eles. Máis atrás a BILLA (First 27.7 – Francisco Freire _RCM. Aguete) a 1:31 e o QUEN VAI (Ro 330 – Laureano Santiago – RCN Sanxenxo) a 46 minutos.
Na ORC 3 estivo na súa boa liña o SQÜID (First 235 – Francisco Lusquiños – CN Portonovo) seguido a 9 minutos polo CAMARÓN 20 (Yatlant 24 – Alberto Pérez – CN Combarro); a 20:14 quedou o FIRME (Golfiño 7,25 – Fernando Mckinlay – CNR Escola Marín); a 21:53 o AQUARI (Oceanis 351 – Luís Malvar – CN Beluso), e a 23:51 o CONSTANTE (Golfiño 7,25 – Alvaro Mckinlay – CNR Escola Marín).
Por último, en Clásicos gañou A PEREGRINA (Puma 23 – Carlos Núñez – independente), seguido a 02:55 polo CASSANDRA (Hillyard 36 – Francisco Javier Pazó – CN Portonovo) e a continuación o CORVO MARIÑO (Sirocco MKII – Fernando González – RCM Aguete).











