O Xulgado autoriza ao Concello de Ourense a adxudicar o contrato de mantemento das zonas verdes da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense poderá completar a adxudicación do concurso para prestar o servizo de mantemento das zonas verdes da cidade. Así o autoriza o auto ditado polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, que desestima a solicitude de medidas cautelares de suspensión do procedemento de contratación que presentou unha empresa que non obtivo a adxudicación, Thalier S.A.. En consecuencia, o Concello poderá asinar o novo contrato e a nova adxudicataria comenzar a prestar o servizo no vindeiro mes de abril.

O Concello de Ourense, por acordo de Xunta de Goberno Local de 2 de outubro, acordara adxudicar o servizo a CESPA Jardinería, que obtivo a mellor valoración técnica e económica das 16 empresas que se presentaran ao concurso convocado polo Concello para adxudicar estes traballos. O proceso de adxudicación non puido ser completado como consecuencia do recurso presentado pola empresa Thalier.

O xuíz dí que debe prevalecer o interese xeral dun servizo esencial

O auto que ven de ditar o Xulgado do Contencioso desestima esas medidas cautelares e levanta, polo tanto a suspensión do procedemento de adxudicación.

O xuíz motiva a súa resolución con 3 argumentos. En primeiro lugar, porque “a recurrente non demostrou que coa formalización da adxudicación do contrato se lle produza un dano irreparable”.

En segundo lugar, dí que “da valoración ponderada dos intereses en conflito tampouco se constata que deba prevalecer o particular da demandante sobre o xeral da Corporación Municipal”, lembrando ao respecto que o servizo de conservación de zonas verdes públicas “é esencial e de prestación obrigatoria”.

Finalmente, dí que “tampouco se aprecia que concurra neste caso o suposto excepcional que permitiría adopar a medida cautelar exclusivamente pola concurrencia de apariencia de bon dereito na pretensión da demandante”.

Sinatura de contrato

Á vista desta resolución, o Concello completará a adxudicación nas vindeiras semanas. O vindeiro xoves, 20 de marzo, poderá notificar á empresa adxudicataria que dispón dun prazo de 5 días para asinar o contrato e dun mes para iniciar a prestación do servizo.

O contrato inclúe o mantemento e conservación da totalidade das zonas verdes públicas (xardíns, espazos verdes, arborado, arborado de alcorques e xardineiras) da cidade, agás as situadas na zona centro, A Cuña e A Milagrosa.

Ata agora, o servizo viña sendo prestado en precario por dúas empresas diferentes: Acciona Medio Ambiente, que se encarga das zonas correspondentes aos barrios do Couto e A Carballeira e A Cuña-Casco Vello), e a empresa  CESPA Jardinería, como responsable de A Ponte.  

Rematada a concesión inicial, o Concello convocou un concurso para adxudicar, neste caso conxuntamente, o mantemento das zonas verdes: todas as da cidade, agás zona centro, A Cuña e A Milagrosa.

Unha sentenza considera correcta a imposición dunha falta leve á UTE da limpeza, pero non o procedemento seguido para que devolva 296.000 euros

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense tamén foi posta en coñecemento hoxe do fallo do Xulgado do Contencioso Administrativo-num. 2 de Ourense que declara a estimación parcial do recurso interposto pola UTE Ecourense (titular do servizo de limpeza) ante a reclamación do Concello da devolución de 296.214,34 euros que a empresa tería cobrado indebidamente por servizos prestados de xeito non satisfactorio.

Os antecedentes desta reclamación remóntanse  á Xunta de Goberno do Concello de Ourense celebrada o 22 de novembro de 2012, pola que se lle incoou “expediente de responsabilidade contractual por incuprimento” a Ecourense, ó ententer dende a Concellería de Limpeza que as actividades realizadas pola empresa de limpeza non se axustaban satisfactoriamente ós requisitos recollidos no prego de cláusulas técnicas.

Para elo, se calificaban estas carencias como “falta leve” e, de resultas destes incumprimentos, se lle reclamaba á UTE Ecourense a devolución de 296.214,34 euros, en concepto de sanción. No fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo este punto foi precisamente o fundamental á hora de estimar parcialmente o recurso da empresa.

A UTE da limpeza esgrimiu como argumento, no recurso contra a sanción, que o procedemento non se seguira de xeito correcto, xa que, afirmaba, “se ha omitido total y absolutamente el procedimiento, dado que se ignora la competencia del técnico municipal para incoar el mismo”, e polo tanto, sempre segundo a empresa, o procedemento sería nulo de pleno dereito.

Estimación parcial

No fallo, o Xulgado do Contencioso-Administrativo estima parcialmente este argumento, porque, se ben considera correcta a denominación de “falta leve” para as carencias detectadas na prestación do servizo, e axustada a dereito a súa declaracion, non o cre así para a reclamación á empresa da devolución de 296.214,34 euros.

De feito, na sentenza expresa que, para devolver esta cantidade, sería necesaria unha tramitación distinta a seguida para a declaración da falta leve, con distintos trámites e audiencia á empresa e posibiliade de recurso, polo cal “declara a nulidade do mesmo no referente á devolución da cantidade”.

Manten, nembargantes a sentencia, a calificación de falta leve para os incumplimentos detectados, abre á vía o recurso contra esta sentencia e non impón o pagamento de costas.

Reinicia o procedemento

A vista desta resolución xudicial, o Concello iniciará de novo o procedemento de reclamación de reintegro adaptándose ao requirido pola resolución do Xulgado.

13 de marzo de 2014 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.