O xornalista Juan de Sola presenta “La cara más dura de la esperanza” no auditorio vilagarcián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A situación das mulleres, da infancia, dos inmigrantes, da xente sen recursos e sen dereitos, dos desfavorecidos en diferentes puntos do mundo é o que o xornalista Juan de Sola amosa no libro “La cara más dura de la esperanza” a través de experiencias reais das que foi testemuña dende a súa labor periodística e de cooperante no exterior e en Galicia. Non en van, De Sola fundou e preside a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agaresco). O libro preséntase mañá, xoves, ás oito da tarde na sala de conferencias do Auditorio.

A editorial Taller del Poeta publica “La cara más dura de la esperanza”, a primeira obra do periodista radiofónico de Onda Cero Pontevedra/Arousa e fundador de Agareso. Esta asociación contra xa con presencia en Vilagarcía a través de diversos profesionais dos medios. Precisamente un xornalista que exerceu a súa labor durante uns anos na cidade, Roi Palmás, e que tamén é membro da asociación, será o encargado de presentar o acto de mañá.

SINOPSE

A cara máis dura da esperanza é o primeiro libro de Juan de Sola, presidente de AGARESO. O libro narra unha sucesión de experiencias vitais que percorren a realidade das mulleres, a infancia, inmigración e dereitos humanos no Magreb. Tamén das infames fronteiras que separan África de Europa; o comercio xusto e a vida comunitaria en Latioamérica e o mundo das prisións, a discapacidade e a exclusión social no Estado español.

5 de marzo de 2014 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.