O xefe territorial de Educación destacan o potencial científico dos alumnos do David Buján de Sigrás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal Portada
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O alcalde de Cambre, Manuel Rivas e o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, fixeron entrega esta mesma tarde no IES David Buján de Sigrás dos premios aos alumnos de 2º de bacharelato que obtiveron o primeiro premio absoluto e o primeiro premio na categoría de Estudos ambientais co seu e-Excursion “Guía de identificación de minerais mediante códigos QR”. Rivas asegurou estar orgulloso dos alumnos “que levaron o nome do municipio por Europa con orgullo” e felicitou aos profesores e en especial ao titor do proxecto, José Viñas, pola súa dedicación e aposta por este traballo.

Unha representación de alumnos recolleu o galardón en Bruxelas o pasado mes de febreiro. A plataforma de recursos de ciencia “Virtual Science Hub” (ViSH), organizou unha competición para premiar as experiencias máis atractivas subidas a  o seu portal. Á competición presentáronse varios centros de ensino, investigación e divulgación de toda Europa. Segundo os organizadores, os evaluadores seguiron a avaliación baseándose no estándar LORI (Learning Object Review Instrument) e as e-Excursions ou Excursións virtuais que lograron un elevado nivel en canto a contidos e forma. Así mesmo,  o mesmo centro cambrés, no departamento de Bioloxía, alcanzou un primeiro posto na categoría “Bioloxía” coa e-Excursion Como identifico azucres da familia da glicosa?

O estudo dos minerais adoita ser un tema árido para os alumnos dos cursos inferiores. Por iso, os alumnos de Xeoloxía de 2º de bacharelato, tentamos transmitir o interese que nós mesmos temos, a través deste traballo. Entre os obxectivos da E-Excursion destacan: Tentar que os alumnos adquiran, de forma divertida, coñecementos sobre os minerais do laboratorio de xeoloxía.; Incrementar a competencia científica.; identificar minerais atendendo ás súas propiedades físicas e químicas, seguindo o guión de prácticas de ViSH no móbil á vez que nos serve como guía de minerais, con indicación das características xerais e localización xeográfica; e por último incrementar a competencia dixital utilizando os códigos QR, uso de móbiles ou tablets, manexo da plataforma ViSH na aula.

6 de marzo de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.