O voo das 6.45 de Iberia Express Santiago – Madrid estará operativo a partir do 31 de marzo
Iberia Express conectará Santiago con Madrid con catro frecuencias semanais do voo das 6:45 na tempada de verán 2014, que abrangue dende o 31 de marzo ao 25 de outubro. Estas catro frecuencias responden a unha tradicional demanda por parte do tecido económico da cidade, e serán luns, mércores, venres e sábado.
Estes voo xa fora anunciado polo alcalde, Ángel Currás, e pola concelleira de Turismo, Reyes Leis, despois das reunións que mantiveran con esta compañía.











