publicidade hoxe

O vicepresidente da Xunta visita a remodelación do concello de Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de MiñoLocal PortadaOurense
A-
A+
Rueda visita o consistorio de Castrelo de Miño

Rueda visita o consistorio de Castrelo de Miño

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe a importancia da cooperación e colaboración entre as Administracións para evitar duplicidades e compartir esforzos para ser máis eficientes e poder ofrecer mellores servizos aos cidadáns.

Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martinez, e do alcalde da localidade, Xurxo Rodríguez Méndez, visitaron hoxe o concello de Castrelo de Miño onde puideron comprobar a remodelación da casa consistorial. Esta actuación, conxunta entre o goberno galego e o goberno local contou cun investimento superior aos 200.000 euros, no que a Xunta aportou o 80 por cento e que converteu á Casa do Concello nun lugar máis accesible, máis útil para os funcionarios e máis preparada para dar servizo a os cidadáns do municipio.

O vicepresidente incidiu que a obra desta casa consistorial, reformada ao abeiro dunha axuda da Xunta de Galicia, é un dos exemplos de que a cooperación entre Administracións redunda no beneficio dos cidadáns, xa que ofrecer os mellores servizos aos cidadáns debe ser o obxectivo que guíe todas as actuacións das administracións públicas e para iso é fundamental a colaboración e a cooperación entre Administracións, saber traballar xuntos e repartirse as competencias polo ben dos veciños

18 de marzo de 2014 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.