O “Trío Nordés” ofrece un concerto dentro do ciclo musical da escola vilagarcián Bernardo del Río

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía celebra esta fin de semana unha nova actuación no marco do ciclo “Concertos na de Bernardo”. O Trío Nordés, unha formación de música de cámara, protagonizará o acto a celebrar mañá venres, 14 de marzo, a partir das 20:00 horas na sala de concertos da escola Bernardo del Río. A entrada é libre e de balde.

O”Trío Nordés” está formado por Laura Yanes (frauta traveseira), Carmen Gallego (violín) e Paula Gago (piano). No concerto de mañá interpretarán un programa composto por temas de Joaquín Turina, Francis Poulenc e Philipp Teleman, entre outros. Esta formación musical xurdiu da inquietude musical que estas tres intérpretes tiñan pola música de Cámara, e pola súa ansia de buscar obras orixinais para poder interpretalas ante o público. Os vindeiros concertos que o “Trío Nordes” ten programados celebraranse en Moraña e Pontevedra.

Co ciclo “Concertos na de Bernardo”, a Escola Municipal de Música pretende facilitar a alumnos, familiares e público en xeral, a oportunidade de escoitar a formacións musicais de distintos estilos e xéneros coa finalidade de promover a cultura musical e de proporcionar aos educandos unha vía que complete a súa formación no centro podendo gozar das interpretacións destes grupos.

13 de marzo de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.