publicidade hoxe

‘O Soldadiño de Chumbo’ chega á Casa da Cultura de Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroCalendario
A-
A+

O venres 14 de marzo, ás 20.00 h., a Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro acolle a representación teatral “O Soldadiño de Chumbo”, unha obra destinada a público familiar.

Elenco: Xose Manuel Esperante, Andrea Bayer Lloves, Óscar Ferreira Ramos, Xurxo Cortázar Couceiro e Daniel Abalo Raido

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O soldadiño de Chumbo é unha historia de aventuras onde se enfrontan o poder, a inocencia e o amor, este conto relata a verdadeira historia do mal, e é o amor, un amor verdadeiro e firme e non exento de humor quen sae vencedor cun fermoso e explosivo final.

O soldadiño de chumbo é un delicioso conto que cautivará a imaxinación de nenos e adultos.

Con este espectáculo pretendemos facer unha homenaxe  a H.C. Andersen compilador deste conto marabilloso plasmándoo nun espectáculo de mediano formato.

SOBRE O ESPECTÁCULO

Baobab Teatro leva este conto clásio á escena despois dunha ardua tarefa de investigación e documentación.

Ao longo desta obra poderemos disfrutar de diferentes técnicas teatrais: teatro de actor, monicreques medianos, teatro de sombras, obxectos etc…

O noso soldadiño de Chumbo Impresionará pola calidade na súa plásticidade, e a súa fidelidade ao conto orixinal.

11 de marzo de 2014 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.