O Santiago Futsal viaxa a pola súa sétima semifinal de Copa ante Montesinos Jumilla
Acabouse a conta atrás e mañá comeza a andaina do Santiago Futsal na Copa de España. Ás 19h e coas cámaras de Energy TV en directo, o balón comezará a rodar na pista azul do Palacio do Deporte da Rioxa na segunda xornada dos cuartos de final da Copa de España que enfrontará a Santiago Futsal e Montesinos Jumilla.
Os santiagueses chegan a este partido coa conta pendente en liga de conseguir unha vitoria a domicilio, aínda que saben que non xogarán fóra, será en campo neutral e cunha ampla representación da afección santiaguesa que se desprazará a Logroño para animar ao seu equipo no seu décimo primeira participación, todas desde o seu ascenso, nesta ansiada Copa de España.
En fronte atopásense a Montesinos Jumilla, un rival enganoso, posto que aínda que se trata da súa primeira participación nunha Copa de España na súa primeira tempada na máxima categoría, conta cun persoal con ampla experiencia neste tipo de competicións, con ganas de demostrar que eles tamén poden ter un oco nas semifinais desta edición que conmemora os 25 anos da LNFS e da súa “nena bonita”, esa competición na que todos queren estar.
Verase un dos encontros máis igualados destes cuartos de final, entre dous equipos que xa se cruzaron as caras en dúas ocasións en liga, cunha vitoria para cada equipo, a primeira para os murcianos na súa casa por 3-1, nun dos peores partidos dos de Santi Valladares esta tempada; e unha vitoria para os santiagueses ante a súa afección, por 5-3 nun partido moi completo dos santiagueses, aínda que aberto até o final.
Dos dous sairá un dos semifinalistas de Copa, que se enfrontará ao vencedor do segundo partido da xornada entre Marfil Santa Coloma e Elpozo Murcia. A semifinal entre ambos se disputará o sábado ás 20,15h, mentres que a primeira semifinal será o mesmo sábado ás 18h entre os vencedores das eliminatorias disputadas hoxe entre Magna Navarra vs Inter Movistar e FC Barcelona Alusport vs Ríos Renovables Ribeira de Navarra.
Para este partido, Santi Valladares non poderá contar con Palomeque, que continúa de baixa pola súa lesión. Será novidade na convocatoria Santi, polo que os 13 que sentarán mañá no banco son: David, Barroso, Loito, Eloy Vermellas, Juanjo (p), Pablo Tallón, Hugo, Raúl (p), Chus, Santi, David Pazos, Hamza e Diego Quintela. Por parte de Montesinos Jumilla, a única baixa será a de Boyis.











