O Santiago Futsal prepara a visita do campión de Copa en Sar
Tras a disputa da XXV Copa de España, o Santiago Futsal volve mañá aos adestramentos para preparar o seu próximo compromiso ligueiro, no que recibirá, nin máis nin menos, que ao vixente campión da Copa de España, Inter Movistar, que onte se impuxo na final a Elpozo Murcia por 4-3.
O encontro será o venres 21 ás 21h desde o Multiusos Fontes do Sar e espérase unha gran entrada para recibir ao Santiago Futsal, que vén de alcanzar por oitava tempada, unhas semifinais de Copa de España, na que caeu ante o conxunto murciano. En fronte terán un dos grandes atractivos da liga, o Inter Movistar, que ademais é líder solitario na clasificación.
Os santiagueses tratarán de continuar coa súa boa serie de resultados en casa ante un do seu rivais fetiche, ao que na súa última visita ao Multiusos a tempada pasada, gañoulle por 5-1. Con todo, o último antecedente entre ambos foi o partido da primeira volta disputado na Caixa Madrid, onde os alcalaínos venceron por 4-1 nun partido no que o Santiago Futsal comezou gañando e Inter Movistar levoullo nos últimos minutos.
As entradas para o partido xa están á venda a un prezo de 15€ para adultos e 5€ para infantís (menores de 13 anos). Ademais, os abonados, que entrarán gratis, poderán retirar até dúas entradas a 10€ cada unha (só válido en venda anticipada nas oficinas do club até o xoves ás 20h).
No plano médico, hoxe realizaranse as probas médicas a Loito tras a lesión sufrida no partido de cuartos de final do pasado venres ante Montesinos Jumilla e que lle impediu continuar nin xogar ante Elpozo as semifinais. En canto sáibanse os resultados informarase dos mesmos.
Plan de traballo da semana
Luns 17 de Marzo:
Descanso
Martes 18 de Marzo:
17h – Multiusos Fontes do Sar –Táctico
Mércores 19 Marzo:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Xoves 20 de Marzo:
11,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Venres 21 de Marzo:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
21h – Multiusos Fontes do Sar – J25. Santiago Futsal vs Inter Movistar
Sábado 22 de Marzo:
Descanso
Domingo 23 de Marzo:
Descanso











