O Santiago Futsal prepara a visita de Magna Navarra ao Multiusos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal retomou esta mañá os adestramentos para preparar o seu próximo choque ligueiro ante un dos seus rivais máis directos, a Magna Navarra, que visita a cancha do Multiusos Fontes do Sar este venres ás 21h na vixésimo sexta xornada de liga.

Tras a derrota do pasado venres ante Inter Movistar, os de Santi Valladares perderon unha praza na clasificación, ocupando a sétima posición con 33 puntos , sendo adiantados por Ríos Renovables Ribeira de Navarra, que lle adiantou en tres puntos. Por baixo e pechando os postos de play-off está Burela Pescados Rubén con 30 puntos e 4 puntos por baixo dos santiagueses atópase Montesinos Jumilla.

Os navarros visitan a cancha de Sar tras lograr unha importante vitoria o pasado fin de semana ante Umacon Zaragoza por 6-4, que os mantén na quinta praza con 37 puntos. No partido da primeira volta, os santiagueses caeron por 4-3 no Arrosadía, nun partido que se decidiu nos últimos minutos cando Magna Navarra atacou con porteiro-xogador cando o marcador estaba empate a 3.

Os santiagueses saben da importancia destes 3 puntos ante un dos seus rivais máis directos pola loita para terminar entre os 8 primeiros, e espera que a afección volve acompañar aos seus para volver á senda da vitoria no Multiusos Fontes do Sar. As entradas para o partido xa están á venda nas oficinas do Multiusos Fontes do Sar ao prezo habitual de 10€ para adultos e de 1€ para menores de 13 anos. Os abonados gozarán da oferta de poder retirar até 2 entradas para acompañantes a un prezo de 5€ cada unha (oferta válida até o venres ás 14h).

No plano médico, David Pazos reincorporouse esta mañá aos adestramentos tras a gripe que lle impediu disputar o partido do venres ante Inter Movistar. Pola súa banda, Barroso non puido adestrar co grupo na xornada de hoxe por sufrir un proceso febril, pero espérase que se recupere ao longo da semana. Ademais, mañá pola mañá terá lugar a intervención cirúrxica de Loito, que deberá ser operado da rotura do ligamento cruzado anterior. O vindeiro martes realizaráselle tamén unha artroscopia a Santi.

Plan de traballo da semana

Luns 24 de Marzo:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Preventivo + Táctico

17h  – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Martes 25 de Marzo:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros

19h  – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Mércores 26 Marzo:
17h  – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

Xoves 27 de Marzo:

9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico

11,30h – Salga de prensa do Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares

Venres 28 de Marzo:

21h – Multiusos Fontes do Sar – J26. Santiago Futsal vs Magna Navarra

Sábado 29 de Marzo:

Descanso

Domingo 30 de Marzo:

Descanso

24 de marzo de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.