O Santiago Futsal prepara a súa visita a Xaén
O Santiago Futsal volveu esta mañá aos adestramentos na última xornada antes da C0pa de España. Pero non se permite o Santiago pensar nela e é que este sábado se xoga ante Xaén Paraíso Interior tres puntos fundamentais de face ao seu outro obxectivo de clasificarse para os play-off. O partido será ás 18h do sábado desde o Pavillón Municipal da Salobreja.
O tres importantes puntos sumados o pasado venres ante Colexios Areas Gran Canaria, no que se puido ver unha das mellores xogadas da xornada segundo a LNFS no primeiro gol de David tras unha xogada de estratexia, deron un respiro aos de Santi Valladares que manteñen a sexta praza con 32 puntos, recortando distancias con Magna Navarra que é quinto con 34 puntos, sacándolle dous a Burela e Ríos Renovables que pechan os postos de play-off, e a 6 puntos de Montesinos Jumilla que é noveno na clasificación.
O persoal adestrará durante toda a semana e o xoves pola noite viaxarán cara a Xaén en autobús, para realizar a última sesión antes do partido na mesma cancha do encontro o venres pola mañá. No partido da primeira volta no Multiusos, os santiagueses venceron 6-3, aínda que saben da dificultade de puntuar fóra de casa, onde todos os equipos están a facerse fortes ante a súa afección.
Plan de traballo da semana
Luns 3 de Marzo:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Preventivo +Táctico
16,45h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Martes 4 de Marzo:
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Mércores 5 Marzo:
9,30h – Multiusos Fontes do Sar – Forza rápida + Transferencia + Porteiros
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Xoves 6 de Marzo:
11,30h – Salga de prensa Multiusos Fontes do Sar – Rolda de prensa de Santi Valladares
17h – Multiusos Fontes do Sar – Táctico
23h – Saída en autobús cara a Xaén
Venres 7 de Marzo:
Horario por determinar – Xaén – Adestramento
Sábado 8 de Marzo:
18h – PM da Salobreja – J24. Xaén Paraíso Interior vs Santiago Futsal
Domingo 9 de Marzo:
Descanso











