O Santiago Futsal disputará as semifinais de Copa Xunta ante Cidade de Narón

Xa hai data para o partido de semifinais de Copa Xunta que enfrontará ao Santiago Futsal contra o Cidade de Narón. Será o Luns 31 de Marzo ás 21,30h no Pavillón da Gándara de Narón, a partido único, onde se decidirá o segundo finalista de Copa Xunta. Na final xa está a esperar o Burela Pescados Rubén, que certificou o seu pase tras vencer por 1-0 ao vixente campión, o Azkar Lugo cun gol de Isi.

Os santiagueses chegan a estas semifinais tras eliminar a a  SD Pazos de Borbén nos cuartos de final por 2-7, mentres que os de Narón, campións do seu grupo en 2ºB a falta de 3 xornadas para terminar a liga, eliminaron en cuartos de final ao Noia tras vencer 4-2.

O Santiago Futsal buscará así a súa novena final de Copa Xunta consecutiva, das cales logrou alzarse co título en 5 ocasións (Pontevedra 2006, Lugo 2009, Carballiño 2010, Lalín 2011 e Ponteareas 2012).

26 de marzo de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.