O Santiago Futsal certifica o pase a semifinais de Copa Xunta tras vencer á SD Pazos FS por 2-7
O Santiago Futsal logra o seu pase a semifinais da Copa Xunta tras vencer 2-7 á SD Pazos de Borbén tras un partido no que os de Santi Valladares foron claros dominadores do partido. Cabe resaltar o hat-trick de Eloy Vermellas e o debut de Dani do filial do xuvenil Samuel. Os santiagueses enfrontaranse ao Cidade de Narón nas semifinais da Copa Xunta en horario aínda por determinar. A outra semifinal enfrontará a Azkar Lugo e CD Burela FS.
O partido comezou moi eléctrico con dous equipos descarados, aínda que foi o Santiago Futsal quen máis se atreveu sobre a portaría contraria. Os primeiros en tentalo foron Hamza e Loito, e Jony fíxoo para os locais sobre a portaría de Raúl. David Pazos foi o encargado de inaugurar o marcador no minuto 4 tras un disparo desde fóra da área. Dous minutos despois foi o capitán David quen marcou o segundo tras unha xogada de estratexia de banda. Os locais non viñeron abaixo e Lito tivo unha boa ocasión para os seus. Con todo as ocasións máis claras seguían sendo para os santiagueses. Cara ao ecuador da primeira parte chegou o golazo do partido, obra de Palomeque, que enganchou un balón na área e marcou de volea, facendo levantar ao público asistente. Un minuto despois chegou o gol da SD Pazos tras un disparo de falta directa do seu capitán Jose. Até o descanso seguiron as ocasións do Santiago Futsal e Eloy Vermellas marcou o 1-4 a 2 minutos de finalizar o período tras un forte disparo que chocou nun rival coándose pola escuadra.
A segunda parte continúo coa mesma tónica que a primeira, con ocasións para os santiagueses, que mesmo dispararon un balón ao poste tras un disparo de David Pazos. O quinto gol chegou tras un disparo de Loito que rebotó nun rival e coouse na portaría local e pouco despois Eloy Vermellas marcaría o sexto tras unha boa acción individual. A SD Pazos FS continúo tentándoo e Jony marcou o segundo a 6 minutos do final. Puideron marcar os locais na seguinte xogada, de non estrelarse o balón en o poste, pero o definitivo 2-7 de Eloy Vermellas, que volvía facer un hat-trick tras o partido amigable en Alba de Tormes, sentenciou o partido. A escasos segundos do final, o porteiro Bizza foi explusado tras unha dura entrada a Chus, sen moverse máis o resultado.
Ficha do partido
SD Pazos FS: Bizza, Lito, Jose, Jony e Lu (cinco inicial), Hugo, Santi, Remo, Celo, Mikel.
Santiago Futsal: Raúl, Loito, Palomeque, Hamza e Pablo Tallón (cinco inicial), David, David Pazos, Eloy Vermellas, Chus, Dani, Samuel e Alberto
Goles: 0-1 David Pazos (min 4), 0-2 David (min 6), 0-3 Palomeque (min 10), 1-3 Jose (min 11), 1-4 Eloy Vermellas (min 18), 1-5 Loito (min 27), 1-6 Eloy Vermellas (min 31), 2-6 Jony (min 34), 2-7 Eloy Vermellas (min 36)
Amoestacións: Cartón vermello para Bizza da SD Pazos FS
Incidencias: Partido correspondente aos cuartos de final da Copa Xunta disputado no Municipal de Pazos de Borbén.











