O Santiago Futsal busca unha nova final de Copa Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Mañá Luns dispútase a semifinal de Copa Xunta que enfronta a Santiago Futsal e ao Cidade de Narón nunha eliminatoria a partido único desde o pavillón municipal da Gándara (Narón) a partir das 21,30h. Os santiagueses buscarán alcanzar a súa novena final consecutiva, tras alzarse en 5 ocasións co título.

Na final, en data por determinar, espéraos o Burela Pescados Rubén, que superou a semifinal ante Akzar Lugo, vixente campión da Copa Xunta, tras vencer por 1-0.

Os santiagueses chegan a esta semifinal tras eliminar á SD Pazos de Borbén nos cuartos de final por 2-7, mentres que o Cidade de Narón, campión do seu grupo en 2ºB, eliminou en cuartos de final ao Noia tras vencer 4-2.

30 de marzo de 2014 | 20:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.