O Santiago Futsal busca a forza da afección para sumar tres puntos ante Magna Navarra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Tan só unha semana despois, o Santiago Futsal volve ao Multiusos Fontes do Sar para disputar a vixésimo sexta xornada de liga ante un dos seus rivais máis directos na loita polo play-off, Magna Navarra, mañá venres ás 21h.

Os santiagueses queren volver facerse fortes na súa casa ante a súa afección e sumar tres puntos que se antollan fundamentais para non desengancharse dos 8 primeiros postos que determinan o play-off polo título. Tras perder unha posición na última xornada e terminar sétimos, o Santiago Futsal ten unha vantaxe de só 4 puntos sobre o noveno e de 3 sobre oitavo, polo que un mínimo erro deixaríaos fóra da loita polo título a tan só 5 xornadas para terminar a liga regular.

En fronte terá a un dos seus rivais máis directos nesta loita, unha Magna Navarra afianzado na quinta praza con 37 puntos, pero ao que veñen apertando os talóns por baixo, polo que sabe tamén da importancia de sumar tres puntos para continuar entre o oito primeiros.

No partido da primeira volta disputado no Pavillón de Arrosadía, o partido decantouse a favor dos de Imanol Arregui que levaron o partido a dous minutos do final cando arriscaron con porteiro-xogador estando o partido empatado a 3, finalizando cun resultado de 4-3.

Para este partido, Santi Valladares recupera a David Pazos que se perdeu o último partido por gripe. Así, a convocatoria definitiva estará composta por: David, Barroso, Palomeque, Eloy Vermellas, Juanjo (p), Pablo Tallón, Hugo, Raúl (p), Chus, David Pazos, Hamza e Diego Quintela. Os árbitros do encontro serán Redondo Areais e Viedma Martín do colexio castelán-leonés.

Sala de prensa

Esta mañá compareceu en rolda de prensa Santi Valladares, técnico do Santiago Futsal, afirmando que “esta semana Pazos e Barroso estiveron con febre e aínda que non están ao 100%, esperamos que para mañá se atopen mellor e poidan axudarnos. Este partido é para nós como unha final, porque o play-off está cada día máis complicado, pero sei que mañá o van a dar todo outra vez e sacarán forzas para quedarnos co tres puntos para seguir manténdonos entre o oito primeiros e continuar optando á quinta posición, porque sabemos que a cuarta está moi complicada. Quédanos un calendario moi difícil, 5 partidos que serán 5 finais. Podemos ser quintos, como quedarnos fose do play-off”.

Analizando ao rival, o técnico do Santiago Futsal cre que “Navarra é un equipazo e en defensa temos que estar de 10, non podemos conceder nin a máis mínima ocasión e en ataque temos que estar un pouco máis afortunados, porque temos ocasións clarísimas e non as metemos. Navarra destaca como bloque con xogadores de moitísima calidade como Jesulito, Usín, Carlitos, Eseverri, Tolrá, un cadro de persoal enorme, que sabe perfectamente ao que xoga como bloque, xa o vimos no partido de Copa ante Inter o mal que llo fixeron pasar”.

Para o adestrador santiagués, “xogar en casa sempre é bo e pódenos axudar a quitarnos esa espinita do partido contra Inter. É moi bo rival para gañar en casa, un rival directo para o play-off e para esa quinta posición e creo que a pesar das baixas e a falta de ritmo dalgúns xogadores, é un bo momento para dar outro pasito para adiante ante un gran rival. Son tres puntos que nos achegarían a eles e dar colchón con respecto aos que veñen por baixo”.

Outra información de interese

As entradas para o partido estarán á venda nas oficinas do club até mañá venres ás 14h a un prezo de 10€ para adulto e 1€ para menores de 13 anos. Os abonados poderán retirar até dúas entradas co seu carné a un prezo de 5€ cada unha (só válido en venda anticipada até venres ás 14h). Os despachos de billetes estarán abertas desde o venres ás 20h.

No hall de entrada estarán situados os inchables do Multixogo para os máis pequenos e a zona de entretemento de Planeta Magic.

No descanso sortearanse uns cascos stereo cortesía de Star Center e unha cea para dúas no Hotel Oca Porta do Camiño.

27 de marzo de 2014 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.