O sábado dispútase a proba de remo “XV Bandeira de Bateis Concello de Cangas”
Esta mañá na sede da Fundación Cangas Deporte tivo lugar a presentación da “XV Bandeira de Bateis Concello de Cangas” organizada polo Club de Remo Vila da Cangas baixo a supervisión da Federación Galega de Remo e co patrocinio da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.
No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño que destacou os bos resultados obtidos nas anteriores edicións deste evento e a secretaria do Club de Remo Vila de Cangas Mª Carmen Rodal.
A competicións, que se celebrará o próximo sábado día 8 de merco a partir das 15.30 horas na escolleira do porto de Cangas, reunirá a máis de 400 deportistas pertencentes amais de 12 clubs, nas categorías Promesa feminina; Xuvenil feminina; Absoluta feminina; Infantil masculino; Cadete masculino; Xuvenil masculino e Absoluto masculino.
Entre os clubs participantes destacan o Club de Remo Vila de Cangas, C.R. Chapela, Amegrove C.R., C.R. do Grove, S.D Samartolomeu, C.R. Robaleira, S. D Tirán, C.R. Arealonga, C.R. Coruxo, C.R. Náutico de Vigo, C.R. Vilaxoán, C.R. Ría de Marín, C.R. Cesantes e C. M Bueu.
A representante do club Mª Carmen Rodal quixo destacar que a tempada de regatas comezou o pasado 1 de febreiro pero ata o momento só se puido celebrar unha das 5 regatas previstas a consecuencia do mal tempo pero que para esta XV Bandeira de Bateis Concello de Cangas a previsión meteorolóxica é moi boa. Pola súa parte o edil de Deportes salientou que este evento deportivo adoita mover a moitos seguidores o cal embelece a súa celebración.











