O Rio Natura Monbus recolle o premio ao mellor equipo de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus recolleu esta tarde o premio ao Mellor Equipo Masculino Galego do ano 2013, nos gala Premios Deporte Galego celebrada na Cidade da Cultura.

A entidade compostelá foi recoñecida polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola gran tempada realizada durante o curso pasado, que lle levou a gañar un novo galardón. A cerimonia tivo a varios protagonistas, entre os que tamén destacou o mellor deportista masculino, o triatleta Javier Gómez Noya.

O director xeral do Obradoiro, José Luís Mateo, e o xogador Iñaki Sanz recolleron o premio ao mellor equipo masculino, que en categoría feminina levoullo o Burela de fútbol sala. A mellor deportista do ano foi a nadadora Beatriz Gómez Cortés e os dous mellores deportistas con discapacidade foron a triatleta Susana Rodríguez Gacio e o atleta Maxi Rodríguez Magi nunha tarde na que se recoñeceu o labor de múltiples persoas e entidades no deporte da comunidade.

20 de marzo de 2014 | 22:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.